Abre o segundo Claudio Express en Valladolid


Gadisa Incrementa a súa nosa presenza en Valladolid, onde xa dispón de 16 Supermercados Gadis, coa apertura dun Claudio Express. É o segundo punto de venda franquiado que inaugura na capital valisoletana nos últimos tres meses.

O establecemento está situado na estación de servizo Shell, na Avenida de Xixón nº 34. Cunha sala de vendas de 60 metros cadrados, conta cun amplo horario de apertura (de 06.00 a 24.00 horas os 365 días ao ano). O surtido está composto por 600 referencias de produtos, tanto de marcas líderes no mercado como da marca propia IFA. Seguindo o concepto de tenda rápida, cómoda e económica, permite facer unha compra básica de alimentación, hixiene e droguería, destacando a sección de panadería.

O punto de venda completa a oferta de servizos do complexo, no que xa funciona unha gasolineira, un taller, ponte de lavado e café.

Gadis segue contribuíndo á creación e mantemento de emprego e riqueza da contorna con 5 postos de traballo directos xerados nesta apertura. Na actualidade, máis de 950 persoas traballan na liña de franquías Claudio

Na apertura participaron, por parte da empresa Disa, Gema Blanzo, Xefa de Zona, e a técnica de tendas Clara Lanza, ademais de parte do persoal. En representación de GADISA retail acudiu José Antonio Hermida, coordinador de franquía.

A posta en marcha deste novo Claudio Express en Valladolid léva a sumar 230 establecementos franquiados en Castela e León, Galicia, Asturias e Madrid. O 2022 foi especialmente intenso con 17 novas aperturas para estar máis preto dos seus clientes, co que esta liña de negocio xa está integrada por 125 Claudio e 105 Claudio Express