O Concello de Verín está preparando xa a II edición da Feira da Cervexa que terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro na zona verde de A Preguiza.
Participarán no evento distribuidores nacionales e internacionales de cervexas e no ámbito gastronómico establecementos do sector da alimentación, restauración, entre outros, con propostas axeitadas a este tipo de feira sectorial (salchichas, codillo ou chucrut) ademais do locais que acompañarán (polvo, empanada, churrasco, hamburguesas, etc...).
O horario de funcionamento será venres, 07 de outubro de 19:00 a 01:00; e sábado, 08 de outubro en horario de 12:00 h a 16:30 e de 19.30 a 01:30. Esta xornada o recinto estará pechado ao mediodía de 16:30 h a 19:30h. O Domingo, 09 de outubro, o horario será de 12:00 a 20:00.