Modificación do Prego de Condicións da IXP Ternera Gallega


O Diario Oficial da Unión Europea publicou o xoves pasado a aprobación das modificacións do Prego de Condicións da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Os cambios, que foron solicitados polo Consello Regulador a finais do ano pasado, afectan a dúas cuestións: o grao de engraxamento dos canais e o fileteado das pezas certificadas.

O novo Prego admite o grao de engraxamento 1 para os canais de conformación S, E ou U, tanto en machos como en femias e nas diferentes categorías comerciais: Ternera Gallega Suprema, Ternera Gallega, Anello.

En canto ao fileteado das pezas certificadas, permite que, ademais de nas industrias inscritas, tamén se poida realizar noutros establecementos que previamente asinaran un acordo de colaboración co Consello Regulador para o control, a etiquetaxe e a comercialización da carne amparada.

Esta versión actualizada do Prego de Condicións (con data de edición decembro 2021) xa se está aplicando desde  o 21 de outubro. Pode consultarse neste enlace da páxina web da IXP Ternera Gallega.