O Nadal de Vigo lucirá en 481 mupis (soportes publicitarios en zonas moi concurridas) de cidades de España e Portugal. O alcalde, Abel Caballero, informou do inicio da campaña de promoción das festas navideñas de Vigo a próxima semana coa presenza de carteis promocionais nos soportes de publicidade exterior de 390 cidades españolas e 4 portuguesas.
“Seguimos coa promoción do Nadal de Vigo”, apuntou o rexedor, ao explicar que desde o próximo 1 de novembro estará en funcionamento a campaña de promoción das festas en diferentes cidades españolas e portuguesas.
Serán 481 mupis que permanecerán activos nalgunhas cidades durante 15 días e noutras durante un mes cun custo cero para o Concello, xa que forma parte do contrato en vigor con JC Decaux.
Así, o Nadal de Vigo lucirá en 390 mupis en varias cidades españolas: Avilés, Barcelona, Bilbao, Burgos, Gijón, Las Palmas, Oviedo, Salamanca, San Sebastián, Victoria e Madrid, que destaca sobre o resto coa colocación de 100 carteis promocionais, amais da instalación de 95 en Vigo e Pontevedra. Son, segundo explicou o rexedor, 40 máis que o ano pasado.
En Portugal, o Concello ten preparados 91 mupis dixitais en Oporto, Braga, Coimbra e Guimaraes.
Caballero puxo en valor a campaña municipal de promoción do Nadal de Vigo e censirou que a Xunta de Galicia “nunca o promocione”.