Vigo acolle o vindeiro día 31 un túnel do viño da DO Monterrei




Máis dunha trintena de viños da D.O. Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que levará a cabo en Vigo o próximo 31 de outubro.

O Círculo de Empresarios de Galicia (no Salón Nogueira) será o escenario desta nova iniciativa, na que participarán os viños de 20 adegas rexistradas na denominación. Terá lugar entre as 17 e 21 horas, e nela presentaráselles aos asistentes as características do chan e clima, cultura vitivinícola do territorio, diferentes variedades de uva ou tipoloxías de produto, entre outras cuestións.

Está destinada ao sector da distribución, canle HORECA, catadores, centros de hostalería e restauración, entre outros. Durante a iniciativa, os presentes tamén poderán coñecer os viños que se elaboran no territorio, da man das adegas que forman parte da devandita acción: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

Para máis información: 606 738 242 ou info@paadin.es.