O Consello da Xunta vén de coñecer a próxima orde de axudas de Medio Rural para a execución de plans de mellora, a incorporación de mozos ao agro e o desenvolvemento de pequenas explotacións, así como a exención da achega de garantías para os beneficiarios da segunda liña.
Con estas subvencións, búscase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural.
No período 2016-2020 o importe total aprobado para estas axudas superou os 253 millóns de euros en cinco convocatorias, aos que se suman os 37,5 millóns de euros da convocatoria de 2022 que está a piques de resolverse.