A cidade de Vigo está a gozar nestas datas do "mellor nadal" da súa historia, segundo manifestou o alcalde, Abel Caballero, tras a reunión do Padroado da Vigo Convention Bureau. O alcalde trasladou aos medios de comunicación o balance da entidade sobre a “boa marcha do Nadal en Vigo” e destacou os “niveis altísimos de ocupación hoteleira e un nivel de ocupación da hostalería prodixioso”.
Caballero amosou a súa satisfacción porque Vigo siga sendo un lugar de referencia ao que sigan chegando visitantes. “Congratulámonos do cheo de cafeterías, restaurantes e hoteis que están convertendo a Vigo nunha referencia no lugar de vacacións, que compite cos máis importantes destinos turísticos de toda Europa”, destacou.