A Deputación continúa a posta en valor do Castelo de Soutomaior cun proxecto de iluminación monumental e paisaxística
Reducir ata un 70% o consumo eléctrico, en consonancia coa Axenda 2023, e poñer en valor os xardíns e bosques da contorna do Castelo de Soutomaior son os obxectivos dun proxecto que conta cun orzamento de 2 millóns de euros. A institución provincial aposta por un deseño lumínico eficiente, "atractivo e experiencial co que permitiremos que a xente poida gozar do Castelo e do xardín e vivir experiencias únicas, poñendo en valor esta xoia arquitectónica de Galicia", manifestou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva.
A proposta será presentada á liña dedicada aos BIC dos fondos europeos Next Generetion para que a prosiga o seu camiño como unha marca de calidade en turismo e xestión do patrimonio.
A previsión é monitorizar e programar os consumos para mellorar a xestión e promover o aforro enerxético. A instalación central será obxecto de modernización para tales fins, programar a iluminación ou crear alertas de avarías. Cada un dos espazos do monumento contará con luminarias LED. O proxecto inclúe a reforma do centro de transformación e o local que o alberga, os cadros eléctricos de todos os edificios e a instalación eléctrica. Tamén se mellorará a pavimentación de acceso á capela de San Caetano.
Incrementar a seguridade peonil, permitir ao público desfrutar do recinto en horario nocturno e reducir un 70% o consumo de enerxía eléctrica forman parte do proxecto presentado por Silva, que lembrou que o castelo é un espazo con "moitísimas visitas". Dende a musealización e 2018 foror unhas 140.000 persoas as que coñeceron o castelo e a súa contorna.