Este mes complétase o proxecto "Fronteira Esquecida", counha vintena de iniciativas promovidas pola Deputación de Ourense para poñer en valor os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima. Este proxecto está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cun orzamento de 1.450.887,16 euros.
A xornada de peche do proxecto contou ca participación de especialistas e operadores de turismo que desenvolven actividades turísticas neste espazo, que abordou o tema do desenvolvemento turístico, a importancia das redes turísticas e a cohesión territorial e a construción dun produto turístico integrado para a conca do río Limia - Lima.
A Deputación de Ourense, como beneficiaria principal deste proxecto, amosou as actuacións que levou a cabo a institución provincial e outros socios de "Fronteira Esquecida" ao longo destes dous anos, as cales permitiron poñer en valor os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e arredores, a través da creación dunha estrutura de xestión transfronteiriza e a promoción dun conxunto de actividades para promover este espazo como un espazo turístico de calidade e sostible, nacendo así o Destino Río Limia-Lima.
Dentro das actividades realizadas pola Deputación de Ourense, atópanse:
- Creación dun soportal no complexo turístico do Corgo, en Muíños.
Dotación de mobiliario nunha ruta peonil en Muíños a beira do encoro das Conchas.Catálogo con 108 fichas, que reúnen 114 elementos patrimoniais e máis de 500 fotografías, dende o nacemento do río, no monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo.
- Un mapa turístico que reúne os 114 elementos do catálogo.
- Realización de 20 microvídeos (un por concello/cámara municipal) e un vídeo resumo en 4 idiomas.
- Un mapa turístico dunha ruta piloto no que se amosan os 40 elementos máis destacables do territorio, 20 en Galicia e 20 en Portugal.
- Un libro cas mellores fotografías do territorio que abrangue o proxecto "Fronteira Esquecida".
- Creación dun Itinerario fotográfico acompañado da colocación de 7 soportes para tomar fotografías cos teléfonos ou cámaras en diversas localizacións. Ademais realizáronse dúas exposicións cas mellores fotografías deste traballo, unha na cidade de Ourense e outro na vila de Xinzo de Limia.
- Realización dun evento gastronómico en Lobios, "GastroLimia", onde participaron varios especialistas en turismo que abordaron o tema do desenvolvemento turístico, a importancia das redes turísticas e a cohesión territorial e puideron desfrutar da gastronomía do territorio.
- Realización dunha proba de BTT transfronteiriza e un mapa cunha ruta de BTT transfronteiriza.
- Melloras de accesibilidade no entorno do río.
- "Blog trip" para promocionar a través das redes sociais os Destino Río Limia-Lima.
- Páxina web e redes sociais do proxecto e destino.
- Elaboración de 6 paquetes turísticos transfronteirizos e a promoción física do destino en varios seminarios turísticos (workshops) e na Feira Internacional do Turismo de Interior (INTUR).
Ademais, hai varias actuacións que están a piques de rematar. Por un lado estará finalizada unha estratexia dixital para á captación de segmentos de turistas específicos do Destino Río Limia-Lima e por outro, a instalación dun monolito de pedra co mapa turístico do destino no nacemento do río no Monte Talariño (Sarreaus). Tamén estará dispoñible en vindeiras datas unha app para a comercialización dos paquetes turísticos e un plan de comercialización dos mesmos.
Por outro lado, o resto do socios levaron a cabo actuacións como:
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia:
-Rehabilitación da Caseta de Pescadores e o seu entorno, en Bande.
-Ruta xeolóxica coa colocación de 21 monolitos de interese xeolóxico.
-Guía xeolóxica do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
-Varios estudos para mellorar o coñecemento da flora e fauna no entorno do río Limia-Lima.
-Guía plano do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Confederación Hidrográfica Miño-Sil:
-Restauración da Ponte de Soutelo en Bande (rematado proximamente).
-Restauración hidrolóxico-forestal no río Limia (rematada proximamente).
Cámara Municipal de Ponte de Lima:
-Melloras nas sendas peonís do entorno do río.
-Evento gastronómico, "Gastronomía Limia-Lima".
-Viaxe de prensa para promocionar o destino Río Limia-Lima.
Cámara Municipal de Arcos de Valdevez:
-Construción dun miradoiro sobre o río Lima en Cunhas (Soajo).
-Construción dunha plataforma flotante en Vilarinho de Souto, na Ecovía de Ermelo (proximamente).
-Sinalización na Ecovía de Ermelo.
-Itinerario de montaña equipado con chanzos, raís, ramplas e cables (proximamente).
-Evento gastronómico (proximamente).
-Produtos turísticos en torno ao Río Lima (proximamente).
Cámara Municipal de Viana do Castelo:
-Elaboración dun proxecto para a estabilización dun tramo da marxe do río Lima.
-Plan integrado de valorización da Veiga de S. Simão.
-Evento gastronómico, "Gastronomía Lima-Limia".
-Accións de limpeza, arborización e regularización de plataformas de camiños en terreo natural.
-Creación de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida - instalación dunha rampla na -Ponte da Veiga de S. Simão (proximamente).
-Itinerario fotográfico (proximamente).
-Produtos turísticos conxuntos en torno ao Río Lima (proximamente).
Cámara Municipal de Ponte da Barca:
-Eliminación de maleza, restauración da flora, mellora do acceso aos recursos naturais e culturais e deseño, creación e sinalización de rutas (proximamente).
-Itinerario fotográfico (proximamente).