A Festa do Pan de Carral recibirá 40.000 euros para as súas actividades lúdicas. A cita gastronómica, un referente na comarca e na provincia, é obxecto dun convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carral, que recibe un novo impulso para este singular festexo.
A Festa de Pan é, segundo manifestou o presidente da institución provincial da Coruña, Valentín González Formoso, "unha referencia en toda a comarca que implica a todo un pobo e que celebra a tradición panadeira de Carral".