A Xunta de Goberno local aproba a cesión do Convento de Santa Clara ao Museo de Pontevedra

 

A Xunta de Goberno local de Pontevedra aprobou onte a cesión do Convento de Santa Clara ao Museo de Pontevedra a través dun convenio que se asinará a vindeira semana e que será “un día histórico para Pontevedra”. O inmoble apoiará as actuacións culturais e turísticas que promove a Deputación de Pontevedra.

O convenio respecta a apertura ao público do Bosque, a Horta, os espazos non edificados e convirte a antiga igrexa nun salón de actos compartido entre as dúas institucións.