APTCM presenta o mapa turístico da Costa da Morte


A Asociación Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) presentou o mapa turístico no Parador. de Muxía. Á xuntanza asistiron medio cento de persoas representativas do sector turístico e no acto interviron os membros da xunta directiva que fixeron un balance da súa xestión nestes primeiros meses, manténdose firmes nos seus sinais de identidade: Unión e profesionalización.

Como primeiro obxetivo imprimíronse 15.000 exemplares do mapa cos recursos turísticos e cos socios empresariais que forman parte da asociación. Mapa que se levará as máis importantes feiras (FITUR, Fairway...) e repartirase nas oficinas de turismo.

Adémais todos os clientes do Parador da Costa da Morte recibirán o mapa no momento do Checkin así como todos establecementos asociados Asimesmo confirmaron un principio de acordo coa asistencia técnica ATLANTE para a xestión e asesoramento.

A xunta directiva da APTCM, que convocará en febreiro unha asamblea xeral onde se dilucirá o futuro da asociación, fixo un chamamento á implicación dos empresarios para que a Costa da Morte se convirta nun referente do turismo de calidade. Un dato importante que reafirma a potencialidade desta comarca como destino é o feito de que o Parador ten acadado unha ocupación de máis do 90% en todo o ano.

Así, sinalan dende a asociación que "a Costa da Morte está capacitada para desestacionalizar o turismo nos 12 meses e para que o sector se beneficie das sinerxias creadas e solo sumando entre todos seremos capaces de despuntar. Agora somos case 100 socios e esperamos chegar aos 300 durante o ano 2023.