Impulso á etapa coruñesa da segunda edición de ‘O Gran Camiño’, o evento ciclista máis importante de Galicia
A Deputación da Coruña impulsará na provincia a segunda edición de 'O Gran Camiño', o evento ciclista máis importante de Galicia, que xa goza dun gran éxito internacional e que difunde a senda turística ante un gran número de aficionados a oeste deporte. Unha cita na que participarán equipos profesionais do máis alto nivel, con ciclistas ilustres como o último gañador do Tour de Francia, Jonas Vingegaard e que rematará cunha etapa entre Novo Millladoiro (Ames) e Santiago o vindeiro 26 de febreiro.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso participou ante en Santiago de Compostela no acto de presentación da proba, xunto co responsable de Emesports, Ezequiel Mosquera, o deputado de Promoción Económica e Alcalde de Ames, Blas García, o Alcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo e os ex ciclistas José Ángel Vidal e Óscar Pereiro.