Tres autobuses da empresa que xestiona o transporte urbano da cidade percorrerán as estradas españolas con publicidade “gratuíta” do Nadal da cidade.
O alcalde, Abel Caballero, referiuse á importante afluencia á cidade de visitantes procedentes de Portugal e explicou que a cidade volveu recibir miles de visitantes o pasado martes. O Concello rexistrou a entrada de 56.800 vehículos, 3.900 máis que na xornada anterior e, tal e como explicou en rolda de prensa, o dispositivo de tráfico “foi ben para a densidade de tráfico que houbo, con algunha dificultade medible no mesmo centro, pero no resto da cidade funcionou e o propio centro foi exclusivo para peóns e accesos aos residentes”.