Na reunión da "Comisión de seguimiento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela”, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, debatéronse as actividades que integran o plan e que se prevén executar no 2023, entre elas, o lanzamento da marca colectiva de calidade "Ourives de Compostela" e a compilación de documentación audiovisual das técnicas de ourives de máis idade. E tamén se fixo balance da exposición "O Esplendor do Camiño, oito séculos de pratería e acibeche en Compostela", sufragada polo Concello de Santiago e que recibiu 100.000 visitas entre os meses de xullo e setembro deste ano na Igrexa da Universidade e no Colexio de Fonseca. O que supuxo, sinalou o alcalde, "unha inxección de moral para os profesionais"