Vilalba celebra o éxito da Feira do Capón 2022

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,  xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, visitaron este mércores a Feira do Capón celebrada na capital chairega, na que produtores da comarca puxeron á venda preto de 2.000 exemplares. Centos de persoas chegadas de toda Galicia e doutras comunidades ateigaron a carpa instalada na Praza da Constitución para facerse cun destes exemplares que reinará nas mesas de media España esta cea de Noiteboa ou na comida de Nadal. A Deputación colaborou na difusión desta edición cun documental  elaborado polo Servizo de Audiovisuais da institución.

Pilar García Porto felicitou ao Concello por promover “a recuperación desta feira con dous séculos de historia, e convertela no que é hoxe: unha sinal de identidade, para vilalbeses e vilalbesas, e para toda a comarca da Terra Chá, pero tamén para toda a provincia de Lugo”.

A Deputada, acompañada da Alcaldesa e outras autoridades, fixeron un percorrido polos postos dos criadores para comprobar a calidade deste manxar e trasladoulles os seus parabéns porque “hoxe culminan un intenso traballo artesanal de 8 meses, para presentarnos un produto de máxima calidade”. “O seu traballo, de cada un do medio cento de criadores que se encargan de criar este manxar son o claro exemplo do presente e do futuro do noso rural”, destacou.

Pilar García Porto participou tamén na entrega de premios aos criadores e subliñou que “falar de capón, é falar da nosa cultura, das nosas raíces, pero tamén da nosa capacidade para apostar por unha actividade agrogandeira que aporta produtos de primeira calidade para o mercado e para a gastronomía”. Dende a Deputación de Lugo, engadiu, “temos un claro compromiso co sector primario, coas persoas  que traballan para manter vivo e impulsar o noso rural, e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos con esta cita”.

Os premios recoñeceron o traballo a mellor criador a Oliva Souto; mellor cesta para Francisca Castiñeira;  mellor par para Jesús Pérez; o de maior número de exemplares traídos á feira recaeu en Oliva Souto; e o galardón especial á mellor traxectoria en Jesús Domínguez.

Ademais do Capón de Vilalba, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida, na feira puxéronse á venda outros produtos típicos da zona, entre eles, o Queixo San Simón da Costa con Denominación de Orixe, así como doces como o roscón e a rosca.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,  xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, visitou este mércores a Feira do Capón celebrada na capital chairega, na que produtores da comarca puxeron á venda preto de 2.000 exemplares. Centos de persoas chegados de toda Galicia e doutras comunidades ateigaron a carpa instalada na Praza da Constitución para facerse cun destes exemplares que reinará nas mesas de media España esta cea de Noiteboa ou na comida de Nadal. A Deputación colaborou na difusión desta edición cun documental  elaborado polo Servizo de Audiovisuais da institución.