A I Festa da Filloa, protagonista no mes de febreiro do entorno da praza de Abastos e do Mercado de Lugo

 

A Concelleira de Participación de Lugo, Cristina López, anunciou as actividades que se levarán a cabo no entorno da praza de Abastos e do Mercado no primeiro semestre deste ano. "Unha vez o mes, sempre cadrando en sábado,  disfrutaremos dos concertos de Claustro Mudical no Mercado Municipal" explicou Cristina López que ademais deu conta da celebración de obradoiros para as crianzas "neste mesmo espazo as crianzas poden disfrutar de obradoiros de 11a 14 horas de reciclaxe e cociña todos os sábados"

"No mes de febreiro o dia 11 celebraremos a I Festa da Filloa en Lugo,  na proximidade das festas do entroido" deu conta a concelleira. A I Festa da Filloa consistirá no reparto gratuito de fillos na rúa Quiroga Balleteros. "Faremos as filloas nese mesmo lugar grazas a unha grande máquina que permite abastecer de filloas a todas as persoas que se acheguen" afirmou Cristina López que engadiu "queremos poñer en valo a rúa Quiroga Ballestero e os dou edificios municipales que están alí: o Mercado Municipal e a praza de Abastos".