Dúas guías promocionan o románico da Ulloa, Os Ancares, O Courel e a comarca de Sarria

 

Dúas novas publicacións promoverán o patrimonio románico da provincia de Lugo, con atención especial a Ulloa, Os Ancares o Courel e a comarca de Sarria. A voceira socialista do Goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, explicou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo que esta acción busca favorecer a promoción deste estilo arquitectónico como factor importante para dinamizar o sector turístico.

A Deputación editará 1.000 exemplares dunha guía sobre o románico da comarca da Ulloa e outros 1.000 dunha centrada na zona dos Ancares, o Courel, e a comarca de Sarria, así como un total de 2.000 trípticos complementarios a estas publicacións