Fogóns de Anllóns e Fragas do Eume, protagonistas dos actos da Deputación da Coruña en Fitur


Os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino de 'Os Fogóns do Anllóns' e das 'Fragas do Eume' serán os protagonistas dos dous actos institucionais que a área de Turismo da Deputación da Coruña desenvolverá en Fitur. Será o vicepresidente da institución provincial e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, quen encabece a delegación da provincia na Feira especializada en Turismo máis relevante do Estado, e na que participarán representantes políticos dos concellos de ambas comarcas (de Bergantiños e do Eume), así como representantes do tecido social, económico e deportivo.

Xosé Regueira asegura que esta decisión de difundir dous Plans de Sustentabilidade Turística en Destino está enmarcada "nunha aposta política e nunha estratexia turística baseada no valor do propio e nas potencialidades do noso territorio".