O Concello de Vigo continúa batendo récords turísticos co Nadal 22-23

 

O Concello puxo en marcha o luns o plan de tráfico “que funcionou francamente ben cunha afluencia de vehículos récord”, explicou o alcalde en rolda de prensa. Á cidade entraron na xornada de onte 57.674 vehículos, 750 máis que na xornada do 27 de decembro.

O dispositivo adiantouse ás 17 horas e desde ás 14 horas xa eran visibles os anuncios nas principais estradas de acceso á cidade con desvíos pola VG-20 e Arquitecto Palacios para chegar e aparcar na zona de Samil.