O Encontro do Viño Galego ‘Revera Vinum’ voltará por segundo ano consecutivo con máis de 500 referencias

 

Promovido pola Asociación Hostelería Compostela co apoio do Concello de Santiago, o encontro 'Revera Vinum' celebrarase os días 27 e 28 de marzo no San Francisco Hotel Monumento. O obxectivo é dar a coñecer os viños galegos entre os profesionais do sector, a veciñanza e os turistas que visiten Compostela, ofrecendo un amplo programa de actividades, entre as que destacan o Túnel do Viño, a cata de anada histórica ou a entrega da Distinción Revera Vinum para recoñecer o esforzo dos profesionais na promoción dos nosos viños.

A Asociación Hostelería Compostela promove por segundo ano consecutivo o Encontro do Viño Galego Revera Vinum, organizado por Escenoset co patrocinio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a colaboración de diversas empresas, como o Cluster de Turismo, CIFP Compostela ou o Raio Verde. Esta cita, que pretende dar a coñecer e promover os viños galegos entre os profesionais do sector a veciñanza e os turistas que visiten Compostela, celebrarase nesta ocasión os vindeiros días 27 e 28 de marzo, no San Francisco Hotel Monumento, en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas.