Ourense avanza na rehabilitación do antigo cárcere e estima que as obras comezarán a principios de 2024
O Concello de Ourense avanza na rehabilitación do edificio do antigo cárcere da rúa do Progreso, e estima que as obras comezarán a principios de 2024. A Corporación pon en coñecemento público o proxecto que transformará o edificio abandonado nun referente arquitectónico e cultural.
O Concello valora diferentes posibilidades de uso para o inmoble, que podería ser sede da UNED ou espazo multiusos municipal. O documento técnico prevé un uso mixto docente e administrativo, que permitiría ambas opcións. Á súa vez, as obras darán como resultado unhas instalacións flexibles que admitirán con facilidade outros usos como o sociocultural ou o comercial, descartando o uso de hotel balneario por non admitir un número suficiente e a disposición correcta das habitacións e demais estancias necesarias.