Pontevedra preséntase en FITUR como un escenario ideal para rodaxes cinematográficas

 

“Buscas un escenario para a túa próxima rodaxe? Descubre a provincia de Pontevedra. Un escenario diverso, cómodo, inédito, accesible, versátil, seguro e único”. Con este lema e espectaculares imaxes da provincia, a presidenta da Deputación Carmela Silva presentou esta tarde en  Fitur Screen o “potente” audiovisual “Pontevedra Provincia, plató de cine” no que se detallan os múltiples atractivos dun espazo digno de ser escenario de grandes producións audiovisuais. Fíxoo, xunto ao presidente da Spain Film Commission, Carlos Rosado, e acompañada de alcaldes e alcaldesas da provincia, representantes doutras Film Commission e produtoras do audiovisual galego.