Presentada a Estratexia de dinamización do sector cárnico galego

 

A Xunta presentou a Estratexia de dinamización do sector cárcnico galego, un acto que contou coa asistencia de diversos representantes das administracións e que estivo presidido polo presidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda. Tamén interviu o conselleiro de Medio Rural, José González.

Esta nova estratexia configúrase como unha folla de roteiro que marca seis eixos para desenvolver ata o ano 2030, con 64 medidas e 174 accións. Tal e como indicou o presidente da Xunta, preténdese dispoñer dun "sector organizado e profesionalizado para fomentar unha industria competitiva, líder en calidade, ademais de mellorar o posicionamento nos comprados nacional e internacional e promover unha cadea de valor máis transparente e equilibrada".