Santiago gaña o premio ao mellor destino de Calidade SICTED de España

A Secretaría de Estado de Turismo escolleu Santiago de Compostela como mellor destino SICTED de España, segundo comunicou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, nunha rolda de prensa que se celebrou no Pazo de Raxoi e na que estivo acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

O premio destaca o compromiso do Ente Xestor do destino, neste caso de Turismo de Santiago, en prol da competitividade dos servizos turísticos e do destino en xeral a través do fomento da calidade. Tamén destaca o pulo ao proxecto do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).