O Concello da Coruña recuperará este ano o partido de fútbol feminino que se disputou nos anos 60 con motivo destas festas no antigo campo do Relámpago. A cita será o martes do Entroido, rememorando a data na que se enfrontaron equipos femininos, de mulleres casadas e solteiras, nun contexto festivo", detallou Inés Rey. "Agora, e tras moitísimos anos sen celebrarse, recuperamos este partido de fútbol feminino, que disputarán o Relámpago e o Eirís no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso", agregou a rexedora. Terá lugar o día 21, desde as 12.00 horas.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que, con esta iniciativa, o Concello busca "avanzar no recoñecemento a mulleres pioneiras no eido deportivo da nosa cidade, que, como as mulleres que tomaron parte naquel partido do martes de Entroido e como Irene González Basanta, desafiaron os estereotipos da súa época".