En todos os establecementos hostaleiros que participan haberá dípticos informativos coa relación de toda a información do evento. Os asistentes poderán gozar dunha oferta moi ampla e variada de tapas, menús e pratos do día referentes ao cocido e tamén de suxestións especiais.
A maiores, están previstas algunhas actividades programadas e noites de troula en diversos pubs. Neste 2023 levarase a cabo un sorteo dunha cesta de produtos de porco da Asociación Prodeme ao que optarán todos os que consuman ou participen das diferentes propostas do Estase Cocendo.
Ademais, moitos dos hoteis, pensións e casas de turismo rural da zona ofrecerán prezos especiais para desfrutar do cocido e dos encantos e atractivos turísticos da comarca.