O alcalde de Sanxenxo acudiu á entrega de bandeiras de Sendiros Azuis en Santiago


O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu recentemente acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, á entrega de bandeiras de Sendeiros Azuis en Santiago. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e celebrouse na Cidade da Cultura.

O municipio mantén un ano máis o liderado no número sendeiros con esta certificación de España ao contar con algo máis de 30 quilómetros con este distintivo nun total de sete rutas. Un xurado de máis de 20 profesionais e expertos nacionais e internacionais encargáronse de verificar os criterios para a concesión dos distintivos.