O proyecto de ampliación das instalaciones de Queserías Entrepinares en Villalba xa é iniciativa empresarial prioritaria

O Consello da Xunta declarou onte como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Queserías Entrepinares para ampliar as súas instalacións en Vilalba. Cun investimento de 19 millóns de euros, a empresa busca instalar unha nova liña de fabricación de queixo no formato de tres quilogramos de peso, elaborado con leite de vaca, cabra e ovella, e nas variantes de tenro e semicurado. 

A nova planta multimolde, anexa á actual, dará resposta á crecente demanda dun produto xa elaborado pola empresa, pero nas plantas que ten fóra de Galicia. Ata o de agora, a empresa recollía na Comunidade o 80 % deste produto que logo era enviado sen procesar aos seus centros de produción en Valladolid e Madrid. Con este proxecto, evitarase o transporte de gran parte do leite co consecuente aforro económico. Ademais, incrementarase nun 32 % a capacidade de produción de queixo nas instalacións de Vilalba. Esta iniciativa de Queserías Entrepinares encádrase nun sector que ten un carácter estratéxico para o rural de Galicia, como é o lácteo galego, que representa o 1,5 % do PIB da Comunidade. Ademais, complementa a cadea de valor do leite, xa que contribúe a aumentar o valor engadido deste produto mediante a elaboración de queixos.