Como cada ano, Ourense se convertirá nun lugar cheo de festa e de exaltación das tradicións no Entroido, que se celebrará do día 16 ao 22 deste mes. "Ourense, a cidade do Entroido" é o lema da festa deste ano, que incluirá pasarrúas, desfiles, festas infantís, enterro da sardiña e varios concertos. A programación completa está a disposición do público e dos interesados na web do Concello de Ourense.