O alcalde debullou o pasado algúns dos datos da ocupación hoteleira na cidade que cualificou de “absolutamente inimaxinables hai moi pouquiños anos”, ao que engadiu que “Vigo tivo os mellores datos nun mes de xaneiro dende que existen rexistros no INE”.
O número de viaxeiros totais contabilizados polo INE en Vigo foi de 36.795, elevándose sobre o ano 2019 un 46,69% (un total de 11.711 viaxeiros máis). De estes viaxeiros, os nacionais chegaron os 26.921, un 38,43% máis que en 2019 e os estranxeiros eleváronse ata os 9.874, un incremento do 75,20% con respecto o 2019.
No tocante as pernoctas, a cidade alcanzou as 61.288, subindo un 9,81% sobre xaneiro do 2019, é dicir, 5.476 pernoctas máis. Con estes datos Vigo é a primeira cidade de Galicia en número de viaxeiros totais, tamén é a primeira en viaxeiros estranxeiros e nacionais.