A Asociación de Profesionales de Turismo da Costa da Morte (APTCM) ven de realizar tres reunións con hostalñeiros en outras tantas comarcas do xeodestino. Segundo precisa o seu presidente, "entre as 3 reunións celebradas nas 3 comarcas do Xeodestino: En Carballo para a comarca de Bergantiños, en Vimianzo para a comarca de Soneira e en Cee xa se fixeron 12 novos socios, de xeito que xa somos 110 en total".
Ademais, engade, "somos optimistas posto que hostaleiros que asistiron a estas reunións coinciden cos plantexamentos da nova directiva e as nosas inquedanzas".. Ordenación, desestacionalización, formación, profesionalización e estabilidade laboral son os obxetivos que a medio prazo se marca a APTCM..
A filosofía de futuro pasa por fortalecer a asociación cun importante incremento de socios para ser representantes de todo o sector e pola profesionalización do mesmo. Segundo indica Formoso ."temos que ter músculo económico e poder contratar unha asistencia técnica para poñer o xeodestino no lugar que lle corresponde".