A Voceira socialista do Goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto ao Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, recibiu o pasado venres da man do Director de Actividade Agroalimentaria en Bureau Veritas, Jacobo de Nóvoa, a certificación de benestar animal Welfare Quality que vén de obter a institución provincial para a Granxa Gayoso Castro, en concreto para a explotación de produción e reproducción de raza Cachena e para a produción de leite de vacas de raza frisona na Granxa Experimental de Leite.
A institución provincial vén de obter este selo de calidade avalado pola Comisión Europea, tras superar unha auditoría exhaustiva realizada por expertos autorizados polo Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA) e que se basea, non só nas características e estado das instalacións, senón na inspección e observación directa dunha mostra representativa dos animais da explotación, avaliando catro aspectos: boa alimentación; bo Aloxameno; boa Saúde; e comportamento axeitado.