Feira do Viño de Amandi, que acada este ano a súa cuadraxésimo terceira edición arranca en Sober, este venres 31 de marzo e alongarase durante o sábado e Domingo de Ramos, días 1 e 2 de abril, respectivamente. A inauguración desta cita enogastronómica, declarada Festa de Interese Turístico, terá hoxe ás 20:00 horas e correrá a cargo da Adega Frieria de Vilachá de Doade, en lembranza de Ramón Fernández Fernández.
Por outra banda, nesta edición, para a que están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi, o convidado de honra é o Concello de Quiroga, que tamén celebrará a súa Feira do Viño o vindeiro fin de semanma.
Entre as actividades da Feira do Viño de Amandi, hai que destacar a precata e cata final, ambas con xurado profesional, e a proclamación dos gañadores o domingo 2 de abril.
Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2022, un premio para viños brancos e outro para rosados desa mesma anada e un premio para viños envellecidos en barrica.
As adegas que participan este ano na feira son: A man de Prado, Algueira, Barbado, Cividade, Don Bernardino, Estrella, Finca Cuarta, Gullufre, Luzenza, Marcelino I, Petrón, Proencia, Rectoral de Amandi, Rectoral de Gundivós, Regina Viarum, Soutelo, Tear, Val da Lenda, Viña Frieira e Viña Peón.
A orquestra La Oca Band poñerá punto e final a esta cita o domingo 2 de abril cun baile a partires das 19:30 horas.