As mellores angulas están en Tui


Son moitos os motivos para visitar a localidade miñota de Tui, un deles ten que ver coa gastronomía e con esa gran despensa fluvial que é o Miño. Neste balcón aberto ao río, como a definiu Miguel de Unamuno, a raiña das mesas é o meixón (angula en galego) ao que rinden pleitesía nesta localidade de privilexiadas paisaxes.

Do 1 ao 17 de abril, sete restaurantes tudenses ofrecen racións deste alevín da anguía a un prezo de 79 euros, pan e viño (Albariño) incluído, sempre previa reserva. Trátase de Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, El Molino, La de Manu, El Niño Trasno, Enma Tapas & Brunch e o restaurante do Parador de Tui.

Pesa ao seu alto prezo, o meixón segue a ser un reclamo que motiva unha hedonista escapada a este vila fronteiriza, que lle adica festa gastronímica dede o ano 1968.

Postos en materia, non resulta menos estimulante degustar outra das raíñas da despensa miñota: a lamprea, onde a clásica receita á bordalesa -que con habelencia preparan nas cociñas desta comarca- segue cativando os padais de tudenses e visitantes.

Un abano de especialidades que podemos completar con sábella ou sabel (sábalo en castelán) nas súas diversas especialidades, ou co salmón. Unha mesa que podemos completar cun espléndido e aromático Albariño, dalgunha das catro adegas tudenses, e uns peixiños de améndoas elaborados polas monxas clarisas tudenses (as popularmente coñecidas como As Encerradas) herdanza de vellas tradicións sefardís