Avances na execución do plan litoral de Galicia con case 30 millóns para actuar nos 71 concellos costeiros de Galicia
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se fai balance do grao de cumprimento do Plan Litoral de Galicia, aprobado no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE, NextGeneration, grazas ao cal os 71 concellos da costa galega. Nestes momentos xa están mobilizados 24M€ dos 29,3M€ cos que conta este Plan. O Plan conta con 3 Accións de Cohesión en Destinos (ACD), promovidas pola Xunta de Galicia por importe de 11,3 millóns de euros, e 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións por importe de 18 millóns de euros Este Plan ten coma obxectivo prioritario o de mellorar e potenciar o litoral galego actuando sobre recursos naturais, culturais e patrimoniais e sobre infraestruturas e equipamentos, apostando pola súa rehabilitación e destacando o seu valor como reclamo turístico. Nas actuacións a levar a cabo priman a sustentabilidade, a dixitalización, a eficiencia enerxética e o impulso a alternativas de mobilidade sustentable.