"Calidade, orixe e promoción", eixes irrenunciables na D.O. Valdeorras


O novo equipo de Goberno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, con José Ramón Rodríguez Castellanos á cabeza, reuniuse por vez primeira nun Pleno que se celebrou nas instalacións do organismo en Vilarmartín de Valdeorras. Nesta xuntanza, Rodríguez Castellanos abordou perante os novos vogais da D.O. cales van a ser os eixos vertebradores do seu mandato.

En liña co labor feito polo anterior presidente, José Luis García Pando, do que eloxiou “o seu traballo, dedicación e bo facer continuo” en prol do sector vitivinícola da comarca, Rodríguez Castellanos detallou que os obxectivos para os próximos catro anos van ter moita en conta o traballo feito ata o de agora, sobre todo no que ten que ver coa promoción, “estratexia coa que se tentará chegar a novos mercados, acudindo ás feiras e foros máis relevantes de España e de Europa para dar a coñocer os brancos e tintos da comarca”.

A aposta pola calidade, para que os godellos continúen a ser o “emblema indiscutible” da Denominación de Orixe, sempre tendo en conta tamén outras variedades relevantes como a mencía e, mesmo, minoritarias, pero que cada vez gozan dunha meirande aceptación no mercado como “pode ser o caso da garnacha tintorera” tamén van constituír “obxectivos irrenunciables” para o novo presidente do Consello Regulador.

Por outra banda, control da orixe da uva e o cumprimento cos parámetros que fixa ENAC seguirán sendo “indispensables” para “reforzar e certificar os nosos viños, todos os procedementos de trazabilidade e consolidar a marca Valdeorras”.

Por último, non se quixo esquecer José Ramón Rodríguez Castellanos dunha das cuestións máis relevantes para o novo mandato, que hoxe se inicia: “ser un piar fundamental de apoio e asesoramento para os viticultores, adegueiros e cooperativas da comarca, co obxectivo de que poidan situar os seus produtos no mercado aos mellores prezos posibles e conseguir que o número de litros de viño cualificados pola D.O. vaia en aumento cada ano”.

O Pleno do organismo estudou tamén un primeiro borrador de orzamentos para o vindeiro exercicio, que supera os 700.000 euros e que pon o acento, especialmente, nas accións de promoción. O obxectivo do Pleno, tras estudar o documento, é poder aprobalo proximamente.