Coñecer a ciadade da Coruña dende o mar



Marabaixo co seu galeón tradicional galego Punta Pragueira, da comezo a partir do 1 de Abril á temporada de rutas guiadas regulares pola bahía da Coruña. Unha das novas rutas contará con degustación de conservas gourmet e galletas de elaboración artesanal, todo maridado con viño da IXP terra de Betanzos. A outra novidade está deseñada para a observación de fauna dentro da bahía.

Sen olvidar a ruta A Coruña dende o mar na que tanto visitantes como veciños descubrirán unha descoñecida perspectiva da cidade e da súa riqueza natural, paisaxística e monumental. Todas estas rutas guiadas están coordinadas por Xandro García, patrón e biólogo mariño, nas que dá a coñecer o patrimonio natural e histórico. Esta outra mirada ao entorno enriquece o valor e respeto por todo o que posúe a nosa natureza e a nosa cidade.