Ferrou recibiu a nove medios nacionais especializados en turismo para patrimonio da cidade

 

O Concello foi anfitrión o sábado e domingo dun “press trip” encadrado entorno á Candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial. Os xornalistas visitantes chegaron de diferentes medios de comunicación de carácter nacional especializados en viaxes, e gozaron durante dous días da gastronomía, a arte e o patrimonio histórico e cultural da urbe naval. 


Hospedáronse no Gran Hotel de Ferrol, punto de partida das diferentes actividades planificadas para a fin de semana. Na primeira xornada visitaron o Museo da Construción Naval e fixeron unha ruta guiada para coñecer os edificios Modernistas da cidade. Pola tarde acudiron a un acto institucional no Teatro Jofre e desfrutarán na carpa da praza de Armas da actuación das rondallas con motivo das Pepitas, evento que aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional.