Festa da ostra, parada marisqueira en Arcade


A Festa da Ostra de Arcade é unha das citas imprescindibles no noso calendario gastronómico, parada marisqueira na ensenada do río Verdugo. Este ano acada a súa XXXV edición e celabrarase os días 31 de marzo, venres; e sábado e domingo 1 e 2 de abril (sempre a primeira fin de semana de abril, que este ano coincide co arranque da Semana Santa).

Nas datas do sábado e do domingo son miles as persoas que se achegan a esta parroquia do Concello de Soutomaior, na provincia de Pontevedra, para degustar o delicado molusco na carpa que se instala no Parque do Peirao.

A recomendación de HG&T é, en primeiro lugar non perderse a cita, logo degustar unhas ostriñas a modo de aperitivo no recinto da festa e rematar máis pausadamente cunha degustación sublime nalgúns dos restaurantes de Arcade.

Este bocado, que inunda os padais como se dunha delicada brisa marina se tratase, sírvese ao natural –os máis ortodoxos así a prefiren- acaso cunhas pingas de limón; en empanada, escabechadas como xa referenciaba Manuel María Puga y Parga “Picadillo” en la Cocina Práctica, as populares Ostras del Cura de Rianxo, Ostras panadeiras… ben regadas cun Albariño de Soutomaior, unha das 5 subzonas da D.O. Rías Baixas.

A primeira Festa da Ostra, hoxe Festa de Interese Turístico, organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade para esta celebración, xa que foron os pioneiros no consumo, comercialización e exportación deste molusco, non só a outras partes de España, senon tamén de Europa.

E como disque abril é o mellor mes para a degustación da chamada trufa do mar ou perla dos mariscos,..non queda outra que ir a Arcade na procura de tan delicada vianda eloxiada por Álvaro Cunqueiro, pois como deixou escrito o fabulador mindoniense : “Ten un sabor especial, que é como unha saudade do mar