O aeroporto de Vigo recibe hoxe o primeiro voo procedente de Londres



Hoxe comeza a operar o voo Vigo-Londres coa compañía Ryanair. O goberno local aposta pola conexión coa promoción de Vigo no destino, neste caso Londres, cunha subvención de 600.000 euros, aproximadamente.

O alcalde, Abel Caballero confía que esta conexión, fixada por contrato en principio para 2023, 2024 e 2025, “permaneza definitivamente como unha opción para o aeroporto de Vigo”. Haberá conexión de Vigo con Londres tres días á semana en temporada alta.