O porto de Sanxenxo súmase ao proxecto "Upcycling the oceans"


O porto de Sanxenxo súmase ao proxecto "Upcycling the oceans", promovido pola Fundación ECOALF , Ecoembes e a Xunta de Galicia , que fai posible a reciclaxe dos residuos que nunca deberon acabar no mar e fomenta o coñecemento desta problemática ambiental.

Coa súa incorporación son xa seis os portos galegos que se suman a este proxecto pioneiro a nivel mundial e máis de 265 pescadores galegos ao fronte de máis de 90 embarcacións pesqueiras. No 2022 recuperáronse máis de 700 quilos de lixo mariño das costas galegas.