Ourense aproba as bases do concurso da Festa dos Maios 2023 e incrementa a contía dos premios

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa última sesión as bases da próxima edición do concurso que premiará os mellores maios e coplas da próxima festa dos Maios de Ourense 2023, que terá lugar o domingo, 7 de maio. O Concello incrementa os premios nesta convocatoria, de xeito que quen realice o mellor maio artístico recibirá 900 euros e o mellor maio enxebre, 600. Tamén aumentan os segundos e terceiros premios: 700 e 500 para os artísticos, e 400 e 300 para os enxebres, e amplíanse a 3 os premios do apartado de maios infantís, dotados con 300, 200 e 100€.