Un total de 1.595.010 viaxeros fixeron uso da estación de autobuses de Santiago en 2022


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o Consello de Administración de Tussa, no que se aprobaron as contas anuais de 2022 e o Plan de Igualdade.

Á vista dos resultados presentados, "podemos falar de normalización do servizo e superación da etapa dos anos 2020 e 2021 marcada pola pandemia", sinalou o rexedor. En 2022, 1.595.010 viaxeros fixeron uso da estación de autobuses de Santiago, "unha cifra moi positiva", á que lle hai que engadir 1.742.785 viaxeiros do transporte metropolitano e das liñas regulares que non foron usuarios directos da estación. En total, sumando ambos conceptos, 3.337.795 usuarios.


A esta cifra engádenselle os 3.120.000 usuarios da estación de tren, que dá como resultado un total de 4.715.000 viaxeiros que empregaron a Intermodal, "números que confirman a súa posición como o principal centro de comunicacións de Galicia", apuntou Sánchez Bugallo.