A Deputación e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada organizan un encontro sobre a cultura do viño da Ribeira Sacra en xuño

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo de Lugo, Pilar García Porto, participou este martes nun encontro con representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta), coa que a Deputación colabora para organizar no mes de xuño o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra. A institución provincial apoia en concreto unha ruta e unha cata, dúas actividades que se enmarcarán nun amplo programa no que haberá tamén coloquios ou exposicións. Unha iniciativa pensada para todos os públicos, que busca promocionar a riqueza vitivinícola da zona e dinamizar a economía local.