Coa chegada do 1 de maio, o Concello de Pontevedra volve a celebrar o tradicional concurso da Festa dos Maios. A cita será na praza da Ferraría a partir das 11 da mañá. E comezará coa Benvida ao maio a cargo da poeta galega Miriam Ferradáns.
Como todos os anos, o xurado escollerá entre os colectivos, asociacións e entidades que se presenten a este certame que ten como propósito “preservar o patrimonio cultural e fomentar o interese polas actividades culturais e festivas tradicionais do municipio”, tal e como recollen as bases do concurso.