A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está a organizar unha nova edición do concurso de tapas de Monforte, Cume Tapas.
Desde a asociación apostan de novo por un concurso temático que, nesta ocasión, estará centrado no cine e en facer unha homenaxe á cultura, baixo o nome de Cume Tapas de Cine.
O evento celebrarase do 25 de maio ao 4 de xuño, unicamente os xoves, venres, sábados e domingos, e contará exclusivamente con xurado popular. As tapas terán un custo de 1,80 euros.
O prazo de inscrición para os establecementos hostaleiros está aberto ata o próximo martes día 2 de maio. Para iso, poden informarse na propia oficina da delegación ou ben a través do teléfono 982 412 050.