As Cidades Patrimonio piden implicación para respostar a retos en vivenda, rehabilitación e sustentabilidade urbana
A Cidade de Segovia acolleu a clausura das xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". Segundo a alcaldesa de Segovia e vicepresidenta do Grupo, Clara Martín, "entre os nosos retos destacan a xeración de vivenda pública; os prezos da vivenda, xerar unha mobilidade sustentable e promover un control de turismo que non bote aos residentes. Sobre todos estes aspectos fóronse abordando distintas solucións nestas frutíferas xornadas, entre as que destaca a colaboración necesaria das tres administracións, en casos como o da xeración de vivenda pública ou a rehabilitación de edificios de maneira máis sustentable. Sen o reforzo do Estado e da comunidade autónoma, que son quen ao final tes a competencia, vai ser moi complicado poder dar resposta a todos estes grandes retos".