Campo Lameiro festexa por todo o alto a designación de Capital de Turismo Rural 2023

 

O concello de Campo Lameiro acaba de ser designado “Capital do Turismo Rural 2023” tras recibir o maior número de votos e de apoios de toda España no concurso levado a cabo a nivel nacional polo prestixioso portal turístico EscapadaRural e que se acaba de facer público esta mañá.

A nova correu como a pólvora durante toda a mañá de onte e tanto o alcalde como os colaboradores da campaña a prol de Campo Lameiro celebraron con alegría este triunfo histórico. Bombas de palenque, repenique de campás e o descorche de botellas de escumoso galego animaron a celebración.

Campo Lameiro foi elixido como un dos 10 finalistas grazas a Elena Souto Ruzo, de Casa Rural da Avoa María, que foi quen iniciou a candidatura para que o municipio fora considerado no proceso de selección en toda España para se converter en «Capital do Turismo Rural 2023».