Éxito de participación na XII Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña, na Pastoriza

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, participou este domingo na XII Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña, no concello da Pastoriza, organizada pola Asociación de Amigos da Feira de Bretoña. A Deputación de Lugo colabora con esta cita gastronómica cunha achega de 3.000 euros, que permite dar a coñecer este produtos típicos da zona á veciñanza e visitantes. Os asistentes puideron degustar estes dous pratos típicos da zona, un doce e outro salgado.